Saturday 27 de April de 2024

Cortes de tráfico na Avenida Rosalía de Castro en Perillo do 19 ao 23 de febreiro a causa de melloras na rede de saneamento


Entre os días 19 e 23 de febreiro produciranse cortes de tráfico na Avda. Rosalía de Castro, no tramo comprendido entre a intersección coa Rúa Pombal e o enlace da Pasaxe.

Debido á realización dunha actuación para a mellora da rede de saneamento na Avenida Rosalía de Castro, en Perillo; será preciso efectuar un corte de tráfico no tramo comprendido entre a intersección coa Rúa Pombal e o enlace da Pasaxe, ao final da da avenida, entre os días 19 e 23 de febreiro en horario diurno (de 9:00 a 18:00 horas).

En función do avance dos traballos poderá retirarse o corte antes da última data indicada.

Habilitaranse desvíos, debidamente sinalizados, ao longo da Avda. Rosalía de Castro, permitíndose o paso a residentes e clientela dos locais comerciais.